O festival independente de música alternativa Esmorga
Fest celebrarase esa fin de semana en Sarria, Lugo. A cita presenta un cartel
co mellor do panorama musical independente galego, estatal e tamén
internacional.
A festa comezará xa o venres, coas actuacións de Don Culo e Pálida no Pub Adarve a partir das 00.30 horas. O sábado arrincará a
xornada cunha amena sesión vermú no Pub Xarope ás 14.00 con Juanbez Dj. Xa á tarde, o festival trasladarase ao espectacular recinto de La Unión,
onde actuarán, con entrada de balde e para todos os públicos, as bandas Beach
Beach (17.30 horas), Aries (18.30) e Atención Tsunami (19.30).
O prato forte do evento terá lugar na Sala Litmar, na que actuarán
os locais Voltem (21.30), Equations
(22.25), Los Bengala (23.20), Nueva Vulcano (00.15), Triángulo
de Amor Bizarro (01.20), Paus (02.35), Músculo! (03.40) e Pálida
(04.45).
Tamén haberá un Afterparty unha vez rematado no Litmar, no pub Golden da rúa dos Viños de Sarria
con Esmorga Djs e Sután Dj. Ás 13 horas do domingo, no
mesmo pub, concerto de VULK.
As entradas
As entradas pódense adquirir a 12€ con compra adiantada
na web do festival www.esmorgafest.com, así
como en O Mercado Street Food de Lugoe mais no Adarve e o Xarope de Sarria.
Tamén haberá entradas dispoñibles na billeteira o sábado a 18€.
Agárdase encher o aforo limitado do recinto con preto de 1.000 persoas, con máis do
70% de fóra de Sarria, moitas das
cales chegarán xa o sábado pola mañá para xantar e cear na vila. Tamén se
fixeron moitas reservas de hostais e habitacións o que fai predecir un moi bo Esmorga 2017.
Nesta edición, os patrocinadores do Festival foron Jagermeister, Son Estrella Galicia,
Supermercados Gadis, Galicia Calidade, Nasas-Axencia Creativa de Márketing
Online, Concello de Sarria e Deputación de Lugo. Tamén colaboraron co
evento preto de 30 empresas locais. Departamento de comunicación