El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A área de Igualdade difunde na rede unha curta contra a violencia machista

11-03-2017 11:41:32
A curtametraxe “Corazón amoratado”.

A actriz Isabel Blanco e ao actor Xosé Eirín protagonizan a curtametraxe “Corazón amoratado” con guión dun grupo de alumnado do IES Puga Ramón, gañador do concurso de guións contra a violencia de xénero da área de Igualdade da Deputación da Coruña que agora difunde, en aberto, na rede. 

Centros de ensino, asociacións ou particulares poderán difundir a curtametraxe “Corazón amoratado” que, a partir de agora, circula libremente pola rede. A curta, elaborada a partir do guión gañador do concurso da área de Igualdade, contou colaboración de profesionais da interpretación como Isabel Blanco e Xosé Eirín que participan nun proxecto que ten como obxectivo contribuír á prevención da a violencia machista, en especial, nas xeracións máis novas. 

Na presentación do vídeo, a responsábel da área de Igualdade da Deputación, Ánxela Franco,  alertou do incremento dos casos de violencia entre a mocidade e fixo referencia ao recente estudo das universidades de Barcelona, Girona e Rovira Virgili que recolle que o 62% das universitarias foron vítimas de violencia machista aínda que só o 9% denunciaron as agresións. "Cómpre que as administracións actuemos de xeito coordinado e sen pausa impulsando accións dirixidas a concienciar á xente moza ante calquera situación de violencia machista, en particular dos micromachismos e violencias invisibles que son o primeiro paso na escalada da violencia", explicou Ánxela Franco que lembrou o traballo centrado na mocidade que centra boa parte das actuacións da área de Igualdade da Deputación da Coruña en materia de violencia machista.  

A curta conta cun guión elaborado pola alumnas do IES Puga Ramón, Uxía Carreira Moscoso, Mencía González Rodríguez, María Calvo García e Gara Sandá Florez, coordinadas pola profesora Anxos Romeo.  As mozas participaron nun programa teórico e práctico para a elaboración da curta, formación que ía incluída no premio do concurso de guións. 

O fío argumental abre o debate sobre a necesidade de combater e denunciar a violencia machista, traspasando a responsabilidade social do ámbito privado e facendo partícipe a toda a sociedade da denuncia e condena destes feitos, como fixo constar o xurado do concurso. A curtametraxe está producida pola produtora Correlo Films. Fichero  para descargar | Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias