A selección galega de técnica acadou en Cartaxena o título de campioa de España de técnica infantil e tamén en freestyle, mentres que en sénior Galicia ocupou a terceira posición do podio. Os resultados deste campionato decidirán (xunto ao Open de España) a selección de deportistas que acudirán ao Europeo.
Desta forma, na categoría infantil, magnífica actuación das e dos nosos taekwondistas que sumaron un total de nove medallas. Houbo catro ouros para Ana Llin Shin (Han's) en benxamín feminino, mentres que en alevín houbo dobrete con Laura Álvarez (Neka) e Alejandro Fernández (Escola Lucense) no máis alto do podio en chicas e chicos respectivamente. Ademais, Iago Fraga (Kiap) logrou o ouro en infantil masculino.
As pratas foron para Lucía Santomé (Patiño) na categoría cadete feminina e Rubén Galdó (Center) en alevín masculino –que viaxaba co seu club-. Tamén sumamos tres bronces: Yaiza Velo (Natural Sada), Álvaro Gutiérrez (Mace Sport) e Samuel Meilán (Tao).
No Campionato de España sénior, Galicia logrou a terceira posición cun total de 15 medallas. Os ouros foron para Samuel Meilán (Tao) en sénior 2, que non se baixa do máis alto do podio; e o trío júnior masculino (Manuel Paz, Álvaro Portela e Gabrielle Santomé, do Hebe).
As pratas son para Gabriel Tembrás (Moodukwan) en júnior masculino; Noelia Pérez (Hebe) en sénior 2; Óscar Rey (Kiap); Esperanza Fernández (Couto) en master 2; Nerea Alamancos e Alejandro Losada (Tao) en parellas 1; trío masculino (Samuel Alves, Jorge Posada e Luis Verez, do Tao).
Os nosos deportistas tamén acadaron 7 medallas de bronce, que foron para Nerea Alamancos (Tao) en sénior 1 feminino; Elena González (Tao) en sénior 2 feminino; Han Seung Shhin (Han´s) en máster 1 masculino; en parellas júnior (Bea Felpeto e Gabriel Tembrás, do Moodukwan); en parellas 1 (Samuel Alves e Andrea Vilas do Tao), o trío júnior feminino (Fátima Rodríguez, Raquel Losada e Alicia Pérez do Tao) e o trío júnior masculino (Carlos Rey, Carlos Fernández e José Roca, Neka).
Freestyle
Galicia acadou a medalla de ouro en freestyle, onde segue amosando o seu dominio esta modalidade. As e os deportistas galegos sumaron un total de 19 medallas (6 ouros, 6 pratas e 7 bronces).
Ouros. Ingrid Gómez (Tao) acadou a medalla de ouro en individual + 18 anos; Marcos Silva (Mace Sport) acadou a medalla de ouro en +18; Manuel Paz (Hebe) en -17 masculino; en parella free -17 Gabriel Tembrás e Beatriz Felpeto (Moodukwan) acadaron a primeira posición, igual que Andrea Vilas e Samuel Alves (Tao) na parella +18. Por último destacar a primeira posición do quinteto (+12) do Tao (formado por Losada, Alves, Rodríguez, Vilas e Araujo).
Gabriel Tembrás (Moodukwan) logrou a medalla de prata en -17 masculino; Celia García (Tao) en -17 feminino e Gabriel Moral (Olimpic) en + de 18 anos. Tamén conseguiron a segunda posición a parella -17 do Yidam (Yago Fernández e Noa Chan) e a parella de + 18 anos do Tao (Anxo Costa e Ingrid Gómez) e o quinteto do Yidam (Yago Fernández, Miguel Barreiro, Martín Fernández, Noa Chan e Mara Cid).
Os bronces foron para Ángel López (Mace Sport) en -17; Anxo Costa (Tao) en + 18 anos; Mara Cid (Yidam) e Bárbara Di Martino (Hebe) en -17 feminino. A parella de -17 anos do Mace (Adrián Ventín e Sarai Pazos) tamén logrou subirse ao podio na terceira posición e por último destacar os bronces dos quintetos do Mace (Ángel López, Adrián Ventín, Marcos Ventín, Ana Pita e Sarai Pazos) e do Hebe (Manuel Paz, Álvaro Portela, Gabriele Santomé, Michelle del Ojo e Bárbara Di Martino). Departamento de comunicación