El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA

Feijóo: "Os gobernos do PP sempre cumpren"

18-03-2017 17:10:44

O presidente do PPdeG, Núñez Feijóo, participou este sábado no Congreso dos populares da Comunidade de Madrid, no que resultou elixida presidenta do partido Cristina Cifuentes. Segundo Feijóo, esta escolla é o primeiro paso para conformar unha nova maioría estable no goberno desta autonomía nas vindeiras eleccións de 2009.   

O líder dos populares galegos valorou de xeito positivo o primeiro ano e medio de mandato de Cifuentes como presidenta da Comunidade, e destacou fitos da súa xestión que tamén se produciron nos últimos tempos en Galicia, como a redución das listas de espera na sanidade pública, o aforro dos mozos no transporte, a creación de novas prazas de escolas infantís, a atracción de importantes investimentos ou a diminución das cifras de paro.   

Neste sentido, Feijóo subliñou que os gobernos do Partido Popular “sempre cumpren”, e desbotou a posibilidade de que fose froito da casualidade, a sorte ou a coxuntura. “Temos os mellores proxectos e os mellores equipos”, subliñou, para apuntar que os executivos populares “ofrecen estabilidade, crecemento e benestar para os españois de hoxe e de mañá”. 

Pola contra, o referente dos populares galegos apuntou que os gobernos doutras formacións “presentan un preocupante cadro clínico de incerteza e parálise”. Así, comparou a administración que lidera Cifuentes coa da cidade de Madrid, gobernada por Podemos, que neste máis de ano e medio nos deixou “moitísimos titulares e palabras altisonantes, pero moi poucos feitos”. “Non falamos dun problema endémico da filial de Podemos da capital, senón  que é algo que comparten todas as súas marcas ao longo e ancho de España”, matizou.


Exemplo de unidade

O presidente celebrou a “ilusión” que se transmitiu durante todo o Congreso por parte da agrupación madrileña, e volveu pedir que estas citas volvan ser un “exemplo de unidade” fronte a outras formacións, nas que “primarias significa purga”. Así, destacou que en toda España, os cidadáns demostraron que valoran que o PP sexa  un partido cohesionado dentro da súa diversidade,  coherente sen caer en dogmas e predicible dentro do dinamismo.   

No peche da súa intervención, Feijóo sentenciou que, para vindeiras citas electorais “as cartas xa están enriba da mesa” e que os cidadáns saben o que poden agardar de cada unha das organizacións. “Agora xa sabemos que hai partidos instalados no ‘non’, outros tan centrados en si mesmos que son incapaces de propoñer nada”, reprochou, e apuntou que outros “deciden a súa liña política segundo con que pé se levanten”.   
Fronte a todos estes, reivindicou ao PP como un partido “fiable, estable e centrado no benestar dos cidadáns”. Así, lembrou que malia que no contexto actual é complicado conseguir maiorías absolutas, o PPdeG logrouno o pasado setembro e situou ao PP madrileño como capaz de repetir esa fazaña nun futuro. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias