El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | BNG

Ana Pontón reelixida para liderar un BNG fortalecido

26-03-2017 21:34:30
Ana Pontón renova su liderazgo. Foto | EP.

A militancia do BNG deu un contundente respaldo á reelixida portavoz nacional, Ana Pontón, que encabezaba a candidatura de consenso que obtivo o apoio do 98,23% das bases, con 1.112 votos a favor, 1 en contra e 19 abstencións. Unha nova dirección que consolida a renovación xeracional, sen renunciar á experiencia, e que pilotará a formación nacionalista durante os próximos tres anos.

Con ese prazo por diante, Pontón instou a traballar para abrir un tempo novo da man dun BNG fortalecido e cohesionado, preparado para darlle a Galiza un goberno nacionalista.“Temos que traballar con paixón para abrir un tempo novo na Galiza cun goberno ao servizo da nosa xente, un goberno que nos defenda, que teña un plan ambicioso de futuro. 

Un tempo novo que prime o compromiso cos dereitos sociais, coa igualdade real. Estamos aquí para facer posíbel o que soñamos: un país con igualdade, con liberdade, con capacidade de decisión e, claro que si, cun Goberno nacionalista do BNG”, proclamou Pontón no seu discurso de clausura da XVI AN. Más información:  BNG





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias