El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Medio Ambiente e Ecoembes poñen en marcha a campaña "Respira"

29-03-2017 15:31:20

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes colaboran na posta en marcha da campaña Respira, co fin de protexer a calidade do aire a tráves da reciclaxe. O principal obxectivo é concienciar aos cidadáns galegos dos beneficios que ten a reciclaxe dos residuos que se depositan no colector amarelo (latas, briks e envases de plástico) tanto na protección da calidade do aire como no coidado do medio ambiente.   

Desde a Xunta salientáse que o obxectivo desta campaña en Galicia busca trasladar á sociedade a importancia de reciclar cuantificando os aspectos positivos, que ten sobre o medio ambiente en general e sobre a calidade do aire, en particular.   

Con esta iniciativa preténdese dar resposta á pregunta Para que serve a reciclaxe?, unha cuestión que moitas persoas se fan á hora de separar adecuadamente os seus residuos. Para transmitir esta mensaxe, móstranse datos reais (Por cada seis latas/botellas de plástico que reciclas no contedor amarelo contrarrestas 10 minutos dun tubo de escape?) sobre como a separación de residuos, se converte nunha acción fundamental que contribúe manter o aire máis limpo e evitar a contaminación atmosférica.   

Dende Ecoembes, sinálase que con esta campaña querese demostrar que un pequeno xesto, como o de depositar os envases domésticos no colector adecuado, fai que entre todos axudemos a conservar o medio ambiente. Os xestos individuais son os que marcan a diferenza e permiten conseguir grandes retos.   

Cómpre destacar que os galegos cada día están máis concienciados co medio ambiente. De feito, grazas á colaboración cidadá en 2015 recicláronse na Comunidade 59.165 toneladas de envases. En concreto, cada cidadán depositou unha media de 9,8 kg no colector amarelo (latas, briks e envases de plástico) e 12,5 kg no colector azul (envases de papel e cartón).  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias