El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación demanda a mellora da liña de tren entre A Coruña e Ferrol

01-04-2017 10:12:55
O pleno da Deputación da Coruña.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou onte por unanimidade unha declaración institucional reclamando melloras na conexión ferroviaria entre as comarcas da Coruña e Ferrol.  

A través deste texto, a Deputación súmase ás reivindicacións formuladas por representantes políticos e institucionais dos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Pontedeume, Miño, Betanzos e Cambre, o pasado 20 de marzo no Concello ferrolán. Así mesmo, a institución comprométese a dar traslado destas demandas á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento. 

A Deputación mantén que “estes dous grandes núcleos de poboación da provincia manteñen unha precaria comunicación a nivel de transporte público”. Na actualidade, as conexións entre A Coruña e Ferrol desenvólvese a través dunha autoestrada con prezos de peaxe moi elevados, ou por medio de liñas de autobuses que contan cunha frecuencia escasa. 

Para solventar estas carencias, a Deputación pide “unha reacción nas institucións con capacidade e competencias para a definición de rutas e infraestruturas para a mellora do ferrocarril”. 

Entre as vantaxes do transporte por tren, a institución provincial cita “o prezo, a sostibilidade e a capacidade de transporte de persoas e mercadoría”. Así mesmo, a Deputación apunta á “débeda histórica” para mellorar as conexións neste “sector do eixo atlántico, que posúe potentes centros industriais, académicos e económicos”.


Incremento de frecuencias e inclusión no Plan de Transporte Metropolitano

Entre estas actuacións consideradas prioritarias, atópanse un incremento de frecuencias para axustalas aos horarios laborais e estudantís da veciñanza, a mellora das estacións intermedias entre ambas urbes, unha combinación axeitada cos servizos de FEVE, un plan de fomento con bonificacións e prezos competitivos, e a inclusión da liña ferroviaria no Plan de Transporte Metropolitano, que ofrecería prezos vantaxosos para persoas maiores, estudantes, menores de 18 anos ou desempregados. 

Así mesmo, a Deputación da Coruña propón a construción dunha bifurcación en Betanzos, para evitar o desvío ata Infesta nos servizos directos, e poder reducir así os tempos da viaxe ata lograr un traxecto sen paradas de 25 minutos entre A Coruña e Ferrol. A medio prazo, tamén se pide que se acondicione a liña tal que como se establecía no Convenio da Xunta co Ministerio de Fomento no ano 2000, o cal permitiría que se combinasen liñas directas cos servizos con paradas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias