El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Galicia será a sede do Congreso Nacional de hospitais e xestión sanitaria

01-04-2017 12:22:06

Galicia será a sede da XXI edición do Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria. Así vén de anunciarse no remate da  vixésima edición que se está a celebrar en Andalucía.   

O congreso, que ten lugar cada dous anos, converteuse nos últimos tempos na principal cita para o persoal directivo sanitario e ten como obxectivo principal abordar a xestión sanitaria en xeral, os novos retos e a innovación da sanidade, así como favorecer o intercambio de experiencias.   

Nas últimas edicións, realizadas en Sevilla, Alicante, Bilbao e Madrid, congregou a arredor de 2.600 participantes, implicou a arredor de 200 expositores comerciais e contou cun alto nivel participativo tanto na área científica como de patrocinios.   

Neste sentido, cómpre lembrar que a celebración de eventos como os congresos e convencións deste tipo constitúe unha importante actividade de dinamización económica, tanto dende o punto do vista local como da autonomía, pola súa capacidade de xeración de ingresos, emprego e turismo.   

O presidente do comité organizador do Congreso, que xa foi designado, será o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias