El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

ANTES DO 23 DE XULLO

Os xestores de vehículos en dexuso deberán revisar a súa aurorización

02-04-2017 12:01:42

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de trasladar aos xestores de vehículos en desuso a necesidade de revisar a súa autorización antes do 23 de xullo. Esta revisión está xustificada na entrada en vigor do Real Decreto 20/2017, do 20 de xaneiro, sobre os vehículos ao final da súa vida útil.   

Para acreditar a súa adaptación os xestores deberán presentar un proxecto de adecuación á nova normativa, así como un cronograma de actuacions. No caso de que a instalación non precise ser modificada, o xestor deberá presentar unha declaración responsable, asinada por un técnico competente, na que se poña de manifesto que a instalacións cumpre todos os requisitos.   

Así, os requisitos que os xestores deben acreditar, por exemplo, para a zona de recepción son ter a capacidade para o almacenamento dos vehículos por un período máximo de 30 días, previo ao seu tratamento, prohíbese o seu apilamento e deben tramitar a baixa e o certificado de destrución do vehículo.   

Contar cos mecanismos que lles permita levar a cabo a retirada de baterías, depósitos de gas licuado, combustible, aceites, líquidos, fluídos e filtros, salvo que sexan necesarios para a preparación para a reutilización dos compoñentes.   

Non se lles permitirá o almacenamento de residuos perigosos por un prazo superior aos seis meses; mentres que os residuos non perigosos poderán almacenarse por un período máximo de dous anos; e contarán cunha zona de recilaxe para retirar o resto de compoñentes, como vidirio, plásticos, pneumáticos e textiles.   

Unha vez que se considere que os vehículos están descontaminados, aqueles que non teñen líquidos nin residuos perigosos, serán enviados a un xestor autorizado ou procederase ao seu compactado fomentando a recuperación de fraccións metálicas.   

Para acceder a máis información sobre este proceso pode conusltarse máis información no portal do SIRGa, un espazo on line no que cidadáns, empresas e administracións poden acceder á información relacionada coa xestión de residuos en Galicia (http://bit.ly/2ogeIXR). Na actualidade, en Galicia existen case 140 xestores autorizados deste tipo de residuos, que xeneran unha media de 47.000 toneladas ao ano, dos cales un 90% se reutiliza e valoriza.   

Os vehículos de motor que chegaron ao final da súa vida útil e cuxo uso xa non é axeitado xerán un número importante de toneladas de residuos. Para reducir ao mínimo as repercusións sobre o medio ambiente, e asegurar unha mellor recuperación dos materiais, a lexislación europea estipula a maneira en que se deben deseñarse os novos vehículos e como deben recoller e tratar unha vez que son residuos.   

As modificacións introducidas no Real Decreto van nesa liña e fan especial fincapé en como preparar estes residuos para a reutilización, que comprenden as operacións de comprobación, limpeza ou reparación mediante as cales os compoñentes dos vehículos que se converteron en residuos poidan ser reutilizados novamente, é dicir, se active a economía circular en relación con esta actividade.   

Deste xeito, establécese a necesidade de que todos os vehículos ao final da súa vida útil se traten nun centro autorizado de trasnsformación, donde se descontaminan e se separan as pezas que poidan ser reutilizadas.  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias