A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio vén de poñer en marcha o concurso Cubre o teu pasaporte Galicia
Natural e única, co que se pretende promocionar o patrimonio natural e cultural
da Comunidade galega a través das redes sociales.
O concurso consiste en completar a totalidade de cuños
que acrediten que os usuarios visitaron cada un dos sete parques de Galicia (os
seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciñ a da Lastra,
Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia- Serra do
Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas) e a primeira
persoa que envíe a copia do mesmo, será o gañador do paquete turístico
Experiencia no Xurés, co que poderá recorrer este zona en biciclera ou a pé,
gozar das beiras do río Caldo, unha ruta pola contorna do Embalse de Salas, ou
coñecer as aldeas escondidas do Xurés.
Entre os requisitos, ademais do correcto selado, será ser
maior de idade e ser seguidor na páxina oficial de Galicia unica e natural de
Facebook. Cómpre recordar que Facebook non patrocina, nin administra, nin avala
de forma algunha esta promoción. Non está asoaciado de modo algún a Facebook e
están libres de toda resposabilidade sobre a conducta e accións dos
participantes.
O prazo vén de comezar o pasado 4 de abril, coa
presentación do Pasaporte dos parques naturais de Galicia, da Compostela dos
parques, e rematará no momento no que se acredita que un seguidor -despois de
remitir por mensaxe privado á páxina do Facebook a Compostela cuberta-
completou a totalidade de selos de cada un dos seis parques.
Esta actividade é unha das iniciativas recollidas no Plan
de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que conta cun
investimento de catro millóns de euros e contempla 29 actuacións específicas.
Estas actuacións camiñan na senda marcada por un dos
eixes que define o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural,
como é a promoción e comunicación do patrimonio, a través dos medios de
comunicación, da presenza en feiras ou da elaboración de novos paquetes
turísticos. Tamén se vén realizando un esforzo importante para reforzar a
presenza do patrimonio natural nas novas tecnoloxías, grazas a aplicación
Parques naturais e á web http://parquesnaturais.xunta.gal/es. Asemade, achégase
ao terceiro dos eixes, que aposta pola educación ambiental e divulgación dos
recursos naturais de Galicia.
O Pasaporte da Rede de Parque Naturais, un documento co
que se pretende aproveitar as sinerxías entre os diferentes espazos naturais
convidando aos visitantes de cada parque a coñecer os outros referentes do
patrimonio natural galego.
Este pasaporte estará dispoñible en todos os servizos de
información e contén unha descrición e os datos de contacto dos seis parques
naturais da Comunidade, así como do Parque Nacional das Illas Atlánticas. O
documento pode conseguirse en tres idiomas: galego, castelán e inglés.
Dende a Consellería de Medio Ambiente defende que este
tipo de iniciativas axudará, ademais de fomentar o coñecemento destes enclaves,
axudará a superar o incremento de visitas dun 33 por cento rexistrado en 2016,
xa que no conxunto dos parques naturaisacadouse a cifrade 314,298 visitantes.
Os visitantes medran ano a ano, en boa medida, grazas á
posta en marcha de recursos e servizos necesarios para visitalos como este e á
elaboración e desenvolvemento dunha completa programación de actividades.