O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, avanzou
hoxe, a convocatoria da oferta pública de 1043 prazas no ensino público, en 25
especialidades.
Logo de
precisar que a OPE se aproba no primeiro Consello despois de que o Goberno
central aprobase o real decreto-lei que fai posible a convocatoria, Feijóo
subliñou que o inicio das probas selectivas se realizará unha vez rematado o curso
escolar e nos prazos pactados.
A
distribución de prazas por especialidade queda do seguinte xeito: profesores de
ensino secundario, 540; profesores técnicos de formación profesional, 80;
mestres, 400; profesores de música e artes escénicas, 23.
O responsable
do Goberno galego subliñou que con esta oferta pública de emprego a Xunta
cumpre a palabra dada, cunha convocatoria en prazo e coas máximas garantías.
“Dixemos que en canto tivésemos cobertura legal faríamos a oferta pública de
emprego e cumprimos. Temos cobertura legal desde o pasado venres e aprobamos a
OPE este xoves”, explicou, insistindo en que “ese era o compromiso”.