El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

XORNADAS DE FORMACIÓN

A Rede Deporte Galego bota a andar

08-04-2017 17:51:29

A Rede Deporte Galego, da Secretaría Xeral para o Deporte, bota a andar este luns coas súas primeiras accións. Serán unhas xornadas de formación nas que se facilitará o acceso e o manexo da comunicación e administración telemática das federacións deportivas galegas, como obriga a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Esta xornada práctica estará organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), para introducir a estas entidades na sede electrónica e a aplicación Notifica. Estas ferramentas foron postas en funcionamento pola Xunta de Galicia para este cometido. A xornada celebrarase o luns 10 de abril de 2017 en tres quendas, de 9 a 12 da mañá, á que asistirán as 58 federacións.

Ademais, e como acción de relevancia da Rede Deporte Galego, o vindeiro mércores 19 de abril terá lugar na Escola Galega de Administración Pública o Foro de Deporte Federado ‘Optimizando Sinerxías’. Este foro está aberto aos responsables das distintas federacións deportivas galegas para crear un espazo onde compartir posturas e reflexións, e onde analizar a situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, co fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable.


Rede Deporte Galego

Coa posta en marcha da Rede Deporte Galego dáse cumprimento a unha das promesas contidas no programa electoral de 2016 no que se propuña esta plataforma. A Rede incluirá foros, xornadas de formación, axendas de traballo e reunións que, de forma periódica e por sectores, posibilitarán encontros para a posta en común de coñecemento e experiencias, garantindo un tecido colaborativo forte e competitivo. Nestes foros abarcarase desde os sectores tradicionais do deporte (axentes ou eventos deportivos, entre outros) pasando por outros máis innovadores como o da investigación, desenvolvemento e innovación, ou o do turismo.

Deste xeito, a Rede Deporte Galego garantirá unha auténtica Administración pública colaborativa do e para o deporte galego, ao servizo das súas necesidades; actuará como canle de comunicación entre os distintos sectores do noso deporte; e estará ao servizo dos restantes obxectivos xerais da lexislatura.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias