O ministro de
Educación, Cultura e Deporte acaba de impoñerlle ao catedrático xubilado da USC
Alberto Arce Arce a Encomenda da Orde Civil de Alfonso X o Sabio polas súas
cinco décadas de dedicación ao eido académico, investigador e de xestión
universitarias. O profesor Arce é “unha referencia no eido da Enxeñaría Química
en España”, segundo recolle o comunicado do Ministerio.
A imposición
realizouse no Auditorio Nacional en Madrid nunha sesión que presidiu o ministro
Íñigo Méndez e Vigo e á que tamén asistiron o subsecretario de Educación,
Cultura e Deporte,José Canal Muñoz; o
secretario de Estado de Cultura, Fernando Benzo Sainz; e o director do Gabinete
do Secretario de Estado
de Educación, Formación
Profesional e Universidades, José
Manuel López-Cogolludo.
Na Universidade
de Santiago Alberto Arce impartiu máis de 20 materias diferentes en áreas de
Química Industrial e Enxeñaría Química, dirixiu 25 teses de doutoramento e máis
de 60 proxectos fin de carreira e traballos de fin de grao e tivo un papel moi
activo nas comisiones de implantación na USC da especialidade de Química
Industrial dentro da Sección de Química, a titulación de Enxeñaría Química, o
grao de Enxeñaría Química e o Máster de Enxeñaría Química e Bioprocesos.
Alberto
Arce
O profesor Arce
defendeu en 1970 a súa tese doutoral baixo a dirección do profesor Gabriel Tojo
e na actualidade é profesor emérito na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. En
1976 crea o seu propio grupo de investigación, Procesos de Separación e
Equilibrio entre Fases, do que aínda é coordinador. Ao longo da súa traxectoria
académica participou en 12 proxectos de investigación autonómicos, 9 estatais e
3 europeos. Cun factor h de 37, posúe 185 publicacións indexadas na ISI Web
ofKnowledge e máis de 4.000 citacións.
É pioneiro en España na investigación con líquidos iónicos na área de enxeñaría
química e autor dunha patente internacional, aprobada con exame, para a síntese
de nanopartículas con líquidos iónicos. A súa capacidade de formación de
investigadores colocou os seus doutorandos en recoñecidos postos de
investigación en todo o mundo (Bayer, CEPSA, DowChemical, Inditex…). O seu gran
prestixio internacional levouno a ser nomeado representante español do
WorkingParty on Thermodynamics and TransportProperties da Federación Europea de
Enxeñaría Química.