El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

UNIVERSIDADE | USC

Chega a Santiago a XV edición do Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC

12-04-2017 15:38:45

“Saír ao encontro do público e favorecer as actividades comúns ao colectivo de profesionais da danza” son os dous obxectivos principais que se marca o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, no XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea que chega a Compostela á volta das vacacións de Semana Santa.   

Nesta ocasión, as actuacións correrán a cargo de compañías galegas, cunha participación especial das integradas por coreógrafos e bailaríns da USC. Pero o encontro non é só unha programación de espectáculos, como matiza Zahera, senón que se concibe tamén “como un espazo de residencia e de traballopara os artistas participantes”.


Programa

O programa de actuacións, que conta coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña, será os días 17 e 18 de abril no teatro Principal ás 21.00 horas, con entrada gratuíta previo paso pola billeteira.   

A primeira xornada inauguraraa a Compañía de Danza do IV Ciclo Sen vergoña  da USC-Lugo que dirixe o propio Zahera. Porán en escena a peza ‘Comeza por UN 1,2,3...’, o impulso co que se chega a conseguir todo. Seguiralle a Compañía de Danza da USC-Lugo coa obra ‘Pulsos’, sobre o ritmo da vida, e rematará con ‘Envés’, da compañía USCompostela, un canto á diversidade,de corpos con universos compartidos nun mesmo tempo.   

Xa o martes 18 será a quenda da compañía independente da USC SON´S coa peza ‘Puzzle’, sobre os medos e inseguridades persoais, e do grupo de Danza Normal da Universidade da Coruña que interpretarán ‘Clásicos maxmix’, unha reinterpretación de catro dos máis famosos ballets clásicos como ‘O lago dos cisnes’, ‘O quebranoces’, ‘Romeo e Xulieta’ e ‘A consagración da primavera’. USCompostela será quen, novamente con ‘Envés’ clausure estes encontros de danza que xa son cita obrigada na cidade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias