El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Deportes

BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS

Marta Míguez: "A Challenge Cup acadará a integración, o posicionamento e a visibilidade do deportista con diversidade"

24-04-2017 19:29:39
Presentación da Copa de Europa Challenge Cup.

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou na presentación da Copa de Europa Challenge Cup de baloncesto en cadeira de rodas que se celebrará en Vigo do 27 ao 30 de abril. A máxima responsable do deporte a nivel autonómico destacou a importancia deste evento “polo potencial que posúe o deporte para persoas con discapacidade para acadar a integración do deportista, o seu posicionamento na sociedade e a súa inclusión efectiva, a visibilidade e a transcendencia que ten na sociedade e no deporte, así como a promoción do baloncesto en cadeira de rodas e outras actividades que cheguen a toda a masa de practicantes como a creación das escolas deportivas”. Concretamente, a secretaria xeral destacou o baloncesto de cadeira de rodas como un deporte no que “non se establece diferencia entre xéneros”.A titular de Deporte galego destacou tamén a repercusión mediática que terá a Challenge Cup na que “se poderán ver a oito dos mellores equipos de baloncesto en cadeira de rodas de toda Europa entre os que estará o AMFIV”. Respecto da Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo, Marta Míguez dixo que “é unha garantía de éxito” que esta asociación “organice un evento de tanta magnitude, pola experiencia demostrada”.Contra a final do seu discurso, a secretaria xeral apuntou que no mes de abril “a sociedade galega poderá gozar do mellor baloncesto en cadeira de rodas coa mellor afección”. Unha oportunidade inmellorable, dixo, “para mostrar a nosa Comunidade a todo o tecido deportivo que vén de fóra e a posibilidade de mostrar o noso patrimonio como o equipo da AMFIV que será o noso mellor representante”. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias