El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Galicia logra rebaixar un 23% o tempo medio de pago

24-04-2017 20:10:17

Galicia rebaixou en febreiro un 23,5% o tempo medio de pago a provedores ata deixalo en 15,8 días, o que supón 10,2 días menos que a media autonómica, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública sobre o mes de febreiro.

Deste xeito, Galicia mantense un mes máis como unha das comunidades que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. En concreto, Galicia é a quinta comunidade autónoma de réxime común que fai con máis axilidade os seus pagamentos.

En comparación co mes anterior, o período medio de pago en Galicia é 4,8 días máis baixo, xa que en xaneiro o tempo medio de pago era de 20,63 días. O informe elaborado polo Ministerio mostra tamén que catro comunidades autónomas incumpriron en febreiro o tempo máximo de pago de 30 días que establece a lexislación.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en febreiro baixou ata o 0,40%, mellor que a media autonómica (0,52%). Os datos mostran que Galicia conseguiu reducir este indicador un 20,5% respecto ao mes de xaneiro ao baixar ata os 239 millóns de euros, segundo o Ministerio de Facenda. Ver gráfico





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias