El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación mellora o funcionamento das casas para as mulleres vítimas de violencia

24-04-2017 20:24:02
A área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación

Unha tramitación máis áxil, asistencia profesional continuada e un servizo de calidade son os obxectivos da modificación do regulamento que a área de Igualdade da Deputación da Coruña ven de aprobar para a rede de acollemento para mulleres en situación de violencia de xénero. Dúas casa de acollida na Coruña e Ferrol, unha vivenda tutelada en Culleredo e un piso na Coruña son os recursos que a Deputación pon ao dispor das mulleres.

A área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña aprobou o novo regulamento de funcionamento da súa Rede de Acollemento para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero co fin de dotala dunha maior axilidade á hora de responder ás urxencias e un maior acompañamento profesional tanto no emprego dos recursos como na continuidade de atención ás usuarias.

“Poñemos estes recursos residenciais ao dispor das mulleres que o precisan pero queremos que respondan ao que precisan e por iso insistimos na atención profesional e na axilidade da tramitación”, explica a deputada responsábel da área de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco.

No novo regulamento compútanse os nenos e nenas vítimas da violencia á hora de contabilizar as prazas e os orzamentos e mellórase o apoio técnico da propia Deputación da Coruña co fin de axustar as necesidades económicas e profesionais aos contidos do convenio, en especial, para os concellos con menos posibilidades. Inclúense tamén actuacións para un maior seguimento para que as mulleres podan ter unha vida independente. Simplifícase tamén a tramitación e a burocracia da rede de acollemento coa unificación dos criterios dos distintos recursos galegos para centrar o esforzo na atención e non na xestión e ofrecer un servizo máis eficaz.

O protocolo, que foi aprobado nunha comisión informativa previa, introduce a creación dunha comisión de seguimento dos casos desde o inicio até a finalización da estancia das mulleres nas casas ou pisos tutelados. A Deputación prestará apoio técnico tanto aos recursos como aos concellos que fagan uso deles.

As reformas no funcionamento aprobáronse despois dunha serie de xuntanzas e visitas aos recursos e analizando a situación da rede. Os convenios cos concellos de Ferrol, A Coruña e Culleredo axustaranse agora á nova situación, como transmitiu Ánxela Franco ás persoas responsábeis de recursos coas que se reuniu para facelas partícipe das novidades da xestión das casas e pisos. 

A área de Igualdade organizará en breve unha xornada con responsábeis dos concellos da provincia para explicar o novo funcionamento da rede de acollemento co fin de que poñan o servizo ao dispor das mulleres que o precisen. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias