El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

OLEIROS

A Xunta somete a información pública a construcción de dous tramos da senda peonil das Pedreiras

24-04-2017 20:31:55
O delegado territorial na Coruña visitou a zona.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, deu a coñecer hoxe o proxecto de construción de senda peonil e ciclista das Pedreiras nos tramos entre Montrove e As Pedreiras, e entre este lugar e O Carballo, que suporá unha inversión de preto de 800.000 euros na seguridade viaria e a calidade de vida dos veciños da zona.

O proxecto entrará na súa fase de de presentación de alegacións o vindeiro mércores, coa publicación no DOG do anuncio, co que se abrirá un prazo de trinta días hábiles para os interesados. O documento de expropiacións redactouse en base á información dispoñible no rexistro do catastro que contempla a afección de dúas ficas.

A actuación inclúe un tramo de senda peonil, Montrove-As Pedreiras, na marxe esquerda da estrada AC-174, de dous metros de anchura e unha lonxitude aproximada de 1.160 metros, de formigón coloreado e separada da calzada por unha franxa de 50 centímetros e borde. O outro tramo proxectado, entre O Carballo e As Pedreiras, tamén está proxectado sobre un ancho de dous metros nun tramo, neste caso, de uns 1.850 metros, cun separador verde de 50 centímetros e borde de formigón. Neste caso, ao executarse a senda nunha zona que atravesa un área de protección forestal decidiuse construíla en terreo estabilizado.

O delegado territorial na Coruña destacou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a promover sendas útiles, sostibles e saudables para que os veciños se poidan empregar as estradas de xeito seguro e accesible, ao tempo que mellora a seguridade de todos os usuarios da vía. O Plan de Sendas de Galicia concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios peonís e para bicicletas. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destinará este ano un total de 10,5 millóns de euros ao Plan, que xa dispón de 40 proxectos aprobados.

A exposición ao público realizarase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, Santiago), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (Edificio Administrativo da Xunta, rúa Vicente Ferrer, 2) ou no Concello de Oleiros (Praza de Galicia, 1).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias