El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN GALICIA

Os encoros de abastecemento Galicia-Costa, ao 76,21% da súa ocupación total

25-04-2017 19:09:51

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 76,21% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 88,02%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 75,02%. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 24 de abril, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 525,99 Hm3, dos 690,15 (volume total).    

Todos os embalses de abastecemento presentan unha porcentaxe de ocupación por enriba  do 90%, agás o de Cecebre, ao 78,35%, Caldas de Reis, ao 64,52% e de Vilagarcía, ao 66,56%. O encoro de Beche é o que presenta a maior porcentaxe de ocupación, un 99,87%.   

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Vilasenín é o único que está ao 100% da súa ocupación. Na páxina web de Augas de Galicia poden acceder ao Boletín Hidrolóxico, no que se amplía a información sobre a evolución dos recursos hídricos no ano hidrolóxico 2016-2017.   

Dende Augas de Galicia faise un chamamento a manter a moderación do consumo de auga e o uso responsable deste recurso, dada que a Oficina Técnica da Seca recomenda manter a situación de prealerta por seca, debido ao caudal que presentan os ríos da bacía Galicia-Costa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias