El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

ALZHÉIMER

Sanidade reúnese con representantes da Federación de Alzhéimer de Galicia

26-04-2017 19:47:26
Representantes da Federación de Alzhéimer Galicia.

O conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuiña, recibiu hoxe aos representantes da Federación de Alzhéimer Galicia. Na xuntanza, na que estivo presente o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, abordáronse diversos temas tales como o Plan de actuación para o desenvolvemento dunha estratexia interdepartamental da Xunta de Galicia referida ao alzhéimer e outras demencias; o proxecto de prevención de enfermidades en persoas coidadoras de familiares de enfermos con alzhéimer e outras demencias, así como do convenio de colaboración entre o Sergas e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Fagal). No encontro estiveron presentes, por parte de Fagal, o seu presidente, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez; Carmen Pena Lado, vogal da Federación; e Javier Hermida Porto, coordinador da oficina técnica.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego reiterou na reunión o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, prevención e formación fronte ao alzhéimer, e destacou o traballo diario que realiza Fagal neste campo, prestando un apoio fundamental tanto aos enfermos como aos seus familiares.

Sanidade está a traballar, desde hai anos, no ámbito do envellecemento activo, ofrecendo solucións no eido da atención non presencial, a integración de coidados ou a promoción da saúde na poboación anciá e con patoloxía crónica. Estase, así mesmo, realizando unha colaboración intensa co movemento asociativo e desenvolvendo labores de información, orientación e atención interdisciplinar dos pacientes e das familias, e cooperando na formación continuada dos profesionais e colaboradores das asociacións, así como nas actividades de sensibilización social.

Cómpre lembrar, así mesmo, que Sanidade incluíu aos pacientes de alzhéimer na tarxeta AA, acompañamento e accesibilidade, que implicada a prioridade no acceso aos servizos sanitarios e permite que os enfermos estean acompañados por un familiar durante os procesos de atención sanitaria.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias