El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

O61

A Xunta estuda ampliar as posibilidades da aplicación do 061

26-04-2017 20:32:56

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, referiuse hoxe no Parlamento ás funcionalidades de Urxencias Sanitarias de Galicia, a aplicación do servizo do 061 para dispositivos móbiles, e adiantou algunhas posibles prestacións de cara ao futuro.

Segundo lembrou, Urxencias Sanitarias de Galicia é unha ferramenta de comunicación entre o 061 e a cidadanía. Na actualidade a aplicación permite facer chamadas ao 061 que envían os datos de identificación e posición xeo-localizada, resolver consultas ou dúbidas con facultativos do servizo, localizar centros e recursos de urxencias e emerxencias sanitarias (hospitais, centros de saúde, desfibriladores...) ou acceder a pautas de actuación de primeiros auxilios.

De cara ao futuro, Vázquez Almuiña manifestou que estanse a estudar algunhas novas posibilidades como o envío de fotografías e vídeos ao 061, vídeo conferencias con profesionais do servizo, accesibilidade para pacientes con discapacidade, seguimento dos procesos de urxencias nos hospitais, permitindo coñecer en que localización está un paciente o os tempos de espera previsto ou a solicitude de drons con desfibriladores. Loxicamente, calquera destas melloras deberá ser sometida ao estudo de viabilidade correspondente, téndose en conta, entre outras, ás facetas económica, funcional, tecnolóxica, estratéxico-organizativa e de seguridade.

A aplicación Urxencias Sanitarias de Galicia comezou a funcionar en xaneiro e está en proceso de consolidación e extensión. Trátase dunha aplicación desenvolvida con fondos Feder no marco dos proxectos de Innovación H2050 e Innova-Saúde, mediante a fórmula de contratación de compra pública de tecnoloxía innovadora.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias