Con motivo
da conmemoración do Día internacional de concienciación sobre o problema do
ruído, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación
do Territorio vén de facer público esta mañá o Informe sobre o ruído ambiental
de 2016. Deste documento despréndese que o tráfico e o ruído de ocio seguen a
ser os principais axentes de contaminación acústica de Galicia.
En termos
xerais, os valores obtidos en 2016 melloran lixeiramente con respecto aos
históricos. Neste senso, os valores que máis baixaron foron os da estación de
San Caetano (Santiago), e en menor medida Fingoi (Lugo) e Riazor (A Coruña),
mentres que Parque Reina Sofía (Ferrol) sufriu un incremento dos mesmos; pola
contra, as estacións de Campus (Santiago), Coia (Vigo) e Estación (Ourense)
presentan uns valores idénticos aos históricos.
Obsérvase
unha mellora dos datos de 2016 respecto dos históricos, para todos os casos,
así como que o valor de Lden (índice ponderado de ruído día-tarde-noite) para a
denominada zona residencial resulta elevado, debido a realización de eventos de
ocio, mentres que o seu valor mediana (L50) acada valores esperables. O resto
de zonas presentan valores propios das localizacións, sendo a zona verde a que
proporcionalmente acada os mellores resultados segundo o indicado de valores de
referencia.
Asemade, o
valor de ruído residual en 2016 para o conxunto das estacións foi de 38 dB,
fronte a un histórico de 40 dB, acadándose un valor mínimo absoluto de 35 dB;
polo tanto tamén é posible reducir o ruído de fondo natural, o que existe cando
se eliminan todas as fontes específicas de ruído, como, por exemplo, o tráfico
e o ruído de ocio.
Este informe
é o segundo sobre Ruído Ambiental que publica a Administración Autonómica dende
a aprobación do Decreto 106/2015, e o quinto da serie que comezou en 2013 cos
datos da Rede de Ruído da Xunta de Galicia, referidos á situación acústica do
ano 2012 en zonas puntuais das cidades galegas, representativas dunha cidade
tipo de Galicia. Cómpre aclarar que neste informe indícanse unicamente valores
referentes a ruído, aínda que a contaminación acústica abrangue a presenza de
ruído e/ou vibracións no medio ambiente.
A Comunidade
Autónoma de Galicia é unha das máis avanzadas, dentro do conxunto do Estado, na
adaptación e concienciación fronte á contaminación acústica, pois conta cunha
ampla lexislación e coa existencia dunha rede de observación autonómica. De
todos os xeitos, aínda queda moito treito por percorrer, especialmente no
referente a zonificación do territorio, e aplicación das medidas
administrativas e mellora dos niveis de ruído.
A redución
do tráfico e a limitación da velocidade de circulación dos vehículos, un bo
asfalto, a promoción do tren, a implantación de barreiras antiruído e a
elección de materiais illantes, xunto co compromiso social no cumprimento da
lexislación, son medidas de protección fronte ao ruído, que melloran a calidade
de vida e facilitan o progreso das sociedades.
As zonas
verdes moderan os niveis de ruído de recepción, actuando como barreiras
acústicas naturais, polo tanto a aplicación de medidas como a promoción de
zonas verdes (que á vez crean distancia entre o emisor acústico e o receptor)
en áreas residenciais, e máis en concreto entre zona de tráfico e vivendas, é
unha recomendación para diminuír os niveis de contaminación acústica e adaptarse
a un bo ambiente.
Outro
aspecto a ter en conta son os eventos de ocio, aínda que puntuais, teñen unha
grande repercusión nos valores anuais, sendo un factor que dispara os valores
de ruído na zona onde se desenvolven, e especialmente por ter lugar en horario
nocturno.
Tanto é así
que, a influencia dos días que teñen lugar, sendo pequena, provoca que os
índices de ruído anuais superen amplamente os 65 dB, con picos horarios
superiores a 85 dB (facendo que as zonas afectadas se asemellen a zonas de tráfico
denso), acadándose valores límite esperables na zona o resto do ano.
Actualmente
se estima que en Europa dúas de cada tres persoas están sometidas a niveis de
ruído molestos, situación que repercute na súa calidade de vida, chegando a
provocar diversos trastornos, principalmente de tipo cognitivo nos máis novos
por alteración do sono, ou de tipo arterial nos adultos, e os seus efectos
representan un gasto socioeconómico inxente para as sociedades.
Na páxina
web de Meteogalicia pódese acceder ao Informe sobre o ruído ambiental de 2016
para ampliar esta información.
, os valores que máis baixaron foron os da estación de
San Caetano (Santiago), e en menor medida Fingoi (Lugo) e Riazor (A Coruña),
mentres que Parque Reina Sofía (Ferrol) sufriu un incremento dos mesmos; pola
contra, as estacións de Campus (Santiago), Coia (Vigo) e Estación (Ourense)
presentan uns valores idénticos aos históricos.