A mesa de negociación
pola RPT (Relación de Postos de Traballo) do Concello de Miño aprobou hoxe, por
unanimidade, o documento presentado polo goberno municipal. Hai que aclarar que, aínda que a CIG votou favorablemente
polo citado documento, fíxo o condicionando o a que esta aprobación non implique
unha baixada salarial.
O goberno municipal considera que haber logrado este acordo
é un éxito político. Hai que lembrar, nese senso, que éste era un dos puntos
recollidos no acordo político asinado ó constituirse o bipartito que hoxe goberna
Miño. O vindeiro paso a seguir será levalo a pleno para sometelo á
súa aprobación. Departamento de comunicación