Arbo.- O Concello de Arbo celebrou onte a
Gala da Lamprea para premiar aos veciños eminentes no Auditorio municipal. A
cerimonia contou co concerto dos pianistas Andrea González e Daniel Pereira,
xunto cos nominados a tres premios no World Fest de Houston, o Bruxo Queimán e
Andrea Pousa, que representaron unha orixinal performance mesturando música e
interpretación.
Son moitos os veciños de Arbo que destacan
nas súas labores artísticas e profesionais. Cada ano, o Concello rende homenaxe
a uns poucos para premiar o seu esforzo, tesón e xenerosidade. Dende os máis
pequenos cos concursos de debuxo e reacción, ata os máis maiores coa distinción
de Arbense Distinguido.
Nesta ocasión, o
alcalde, Horacio Gil, entregoulle a máxima distinción do municipio á Fundación
Segundo Gil Dávila, pola súa importante labor desenvolvida no mecenazgo e
constante implicación na vida cultural, artística e formativa dos veciños de
Arbo. A Fundación foi constituida no ano 1956, sendo recoñecida e clasificada
como Benefico-Docente por O.M de 1 de maio.
Esta fundación dende a súa consitución, atópase moi vinculada ao Concello de arbo, levando a Biblioteca municipal o seu nome e
convocándose todos os anos as becas de Estudios
Fundación Segundo Gil Davila co fin de axudar economicamente aos alumnos
de Arbo que cursan estudos universitarios.
Do mesmo xeito a Fundación
Consitubue co financiamento da Banda de Musica de Arbo a traves dunha achega
anual, no mantemento da Biblioteca e Edicio Centro Multiusos de Arbo ( no ano 2016 achegou 6000 euros para
mantemento da Biblioteca e 5.900 para o Edificio Multiusos).
Outros premios
O Concello de Arbo
entregou tamén os premios dos concursos de carteis da Festa da Lamprea e do
certame "Brais Alonso" da Festa da Lamprea Seca, que celebrará este
ano a súa XXII edición, o vindeiro 13 de agosto. 15
foron as propostas presentadas para o Concurso de Carteis da Festa da Lamprea
e 18 as propostas que chegaron para o IV Certame Brais
Alonso, de distintas partes da xeografia
española, como Valencia, Madrid, Murcia…
Os debuxos
evaluados por un xurado composto por
membros de distintos sectores do noso
concello, non o tiveron fácil dado que os bocetos, todos eles co tema principal
a Lamprea, presentaban unha enorme destreza, así como habilidades diferentes,
un talento, unha creatividade e un coñecemento absoluto sobre a nosa Vila e a
Raiña Lamprea.
Os alumnos de primaria do Colexio Público
"Antonio Carpintero" foron parte principal da celebración, recibindo
os premios ao mellor debuxo e á mellor redacción coa temática da Festa. Departamento de comunicación | Programa