El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN MAIO

Os profesionais do Sergas poderán acceder á súa información profesional desde dispositivos móbiles

30-04-2017 13:05:09

Na primeira quincena de maio estará dispoñible a nova funcionalidade do programa FIDES (Oficina Virtual do Profesional) para os profesionais do Servizo Galego de Saúde. Esta ferramenta estará dispoñible dende calquera dispositivo móbil (teléfonos, tabletas…) e tamén se habilita o acceso a FIDES a través de CHAVE 365, e non só con certificado dixital ou DNI electrónico como ata o de agora.

En concreto, as novas funcionalidades en FIDES permitirán o acceso aos datos persoais e edición dos mesmos, a consulta das novas e mensaxes persoalizados, consulta das nóminas, resumo dos procesos nos que participan os profesionais, e resumo dos méritos aportados polos profesionais e estado no que se atopan no seu expedient-e.

Todos os usuarios de FIDES recibirán esta información nos próximos días vía e-mail, a través da publicación na páxina do Servizo Galego de Saúde, e actualizando as “Novas” xerais en FIDES.

Esta mellora redunda na maior accesibilidade ao sistema que soporta os procesos de selección e provisión de persoal do Servizo Galego de Saúde e tamén mellora a comunicación cos profesionais do sistema sanitario.

É obxectivo do Sergas ir engadindo novas funcionalidades que permitan xestionar a participación e aportación e consulta de méritos para os distintos procesos de selección e provisión do Servizo Galego de Saúde, ademáis da consulta de carteleira de quendas, solicitude de permisos, ou inscricións en procesos.


Canle de comunicación cos profesionais

FIDES é a plataforma do expediente profesional electrónico (FIDES), coa que os traballadores do Servizo Galego de Saúde independentemente da súa categoría profesional, centro de traballo ou tipo de vinculación laboral poden consultar en tempo real a información persoal e económica a través da web.

O sistema é accesible dende calquera punto da organización ou da web e a calquera hora, e contribúe ao propósito de ir eliminando gradualmente o traballo manual e reducindo o documento en soporte papel. A través do FIDES pódese acceder a datos económicos (recibos de nóminas, anticipos e retencións, ou fichas de haberes), expedientes profesionais, ausencias laborais ao longo de toda a súa vinculación contractual co Servizo Galego de Saúde, a realización de solicitudes de permisos ou diversos certificados (servizos prestados, certificados de empresa e maternais entre outros), así como a outro tipo informes. Ademais, o sistema ofrece outra información de interese e un sistema de mensaxería personalizada de detección de cambio de estado de solicitudes.

Así mesmo, xestionan todo o relativo ao seu curriculum profesional co expediente-e, que permite facer un seguimento dos procesos selectivos, listas de agarda, ou actualización de méritos, entre outros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias