El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

Feijóo anuncia un plan estratéxico para a industria conserveira

05-05-2017 16:52:00
Entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca.

Vigo.- O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, anunciou hoxe, durante o acto de entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca, un plan estratéxico para a industria conserveira que consolide o sector nos mercados gourmet e manteña a Galicia como potencia mundial neste eido. Ademais avogou por traballar conxuntamente co sector para incrementar a competitividade buscando tamén o valor engadido dos subprodutos da pesca e descartes.

Co obxectivo de seguir buscando o valor engadido en cada produto, Feijóo avanzou a posta á disposición de 100 millóns de euros para o sector, entre fondos europeos, do Goberno central e da Comunidade Autónoma.

Ao longo da súa intervención recordou que Galicia sempre soubo aproveitar as potencialidades dun sector que supón arredor de 12.000 empregos, un 6,5% do emprego industrial, e que factura anualmente case 1300 millóns de euros. Dun sector competitivo que nos sitúa como a primeira rexión europea e a segunda mundial na produción de conservas de peixes e mariscos e con capacidade para chegar lonxe, ao exportar o 80% da súa produción.


Aposta por medrar a través da innovación e do coñecemento

Nese camiño, Feijóo incidiu en que hai moitos axentes implicados como proba o acto de entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca. E nesta liña salientou o recoñecemento ao Parlamento de Galicia coa Medalla de Ouro, a Medalla de Prata á conselleira Rosa Quintana e subliñou a traxectoria e a dedicación das traballadoras Dolores Couto Loureiro, de Conservas Calvo; e de Josefa García Lage, de Fillos de Carlos Albo, medallas de bronce.

Feijóo concluíu destacando a Anfaco-Cecopesca como o exemplo da dilatada traxectoria do sector e das súas ansias de progreso e mellora. Non en van representa, nunha soa voz, máis de 200 empresas e é ademais toda unha aposta de futuro, unha aposta pola innovación, polo coñecemento e por medrar acorde aos tempos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias