El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

CARBALLO

Plan de Sendas de Galicia na comarca de Bergantiños

05-05-2017 17:13:45
Ethel Vázquez.

Carballo.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polos alcaldes de Carballo, Evencio Ferrero, e da Laracha, José Manuel López, supervisou hoxe o inicio das obras de dúas sendas peonís e ciclistas na estrada AC-552, unha entre o polígono de Bértoa e Carballo e outra entre A Laracha e Paiosaco, que estarán rematadas a finais deste ano.

A execución destes itinerarios peonís e ciclistas forma parte do Plan de Sendas de Galicia na comarca de Bergantiños, que ten como obxectivos favorecer unha mobilidade segura e sustentable e mellorar as respectivas contornas mediante a integración das sendas na paisaxe. Estas actuacións serán cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Ethel Vázquez subliñou que o Executivo autonómico está a transformar os compromisos en feitos con obras, xa en execución: Malpica- Ponteceso, Carballo- Bértoa e A Laracha- Paiosaco, por valor de 2,4 millóns de euros coa fin de mellorar as condicións da estrada AC-552, pero tamén que os veciños da comarca de Bergantiños poidan realizar os seus desprazamentos cotiáns, a pé ou en bici, de forma cómoda e con plena seguridade.

Vázquez Mourelle supervisou, en primeiro lugar, as obras do itinerario peonil e ciclista entre A Laracha e Paiosaco, un treito de máis de 1,5 km de lonxitude, proxectado pola marxe esquerda da estrada, que dará continuidade ás beirarrúas xa existentes comunicando as zonas dos principais equipamentos. Estas actuacións contarán cun investimento superior aos 700.000 euros.A titular de Infraestruturas precisou que de xeito paralelo, a Xunta continúa traballando no proxecto da segunda senda para o concello, entre A Laracha e O Cancelo, e cuxa licitación está prevista para este mesmo mes de maio.

A conselleira tamén visitou as obras de construción da senda que une a zona industrial de Bértoa coa capitalidade do concello, iniciadas esta mesma semana cun prazo de execución de 6 meses. Precisou que esta actuación supón unha boa mostra da cooperación institucional co Concello de Carballo tras o acordo de colaboración firmado o pasado mes de setembro.

Ambas administracións, Goberno galego e Concello, decidiron actuar de forma conxunta nun tramo da estrada, superior a 1 quilómetro de lonxitude e cun investimento global que supera os 1,1 millóns de euros, sendo o 70% asumido pola Xunta.O Concello aproveitará as obras desta nova senda para proceder á renovación dos seus servizos urbanos e a Consellería de Infraestruturas procederá á construción da senda, á urbanización, á instalación de alumeado e á renovación da drenaxe, das redes pluviais e da rede de saneamento, actuacións que superan os 760.000 euros.

Trátase dun novo itinerario, pola marxe dereita da vía e cunha amplitude que posibilitará contar cunha senda peonil, cun carril bici e cunha franxa axardinada perfectamente diferenciados. Ademais, haberá aparcadoiros en diferentes zonas. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias