El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Xunta condena a morte violenta dun neno no Concello de Oza-Cesuras

09-05-2017 20:03:18

A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena e repulsa ante a morte violenta dun neno no concello coruñés de Oza-Cesuras. O pai do menor está detido como suposto autor do crime e pasará a disposición xudicial nas próximas horas.

O suceso é obxecto de investigación e, á espera de confirmación oficial de se se considera caso de violencia de xénero, a Xunta condena unha vez máis este tipo de actos de violencia e traslada o seu pesar e o seu apoio á súa familia.

O Goberno galego fai un chamamento a toda a sociedade para que que entre todos se poida rematar con este tipo de actos, e poder acadar a plena erradicación deste problema público e social de primeira orde.

Así mesmo, a Xunta fai un chamamento para que as persoas que estean sendo vítimas de malos tratos denuncien e así se lle poidan prestar as axudas necesarias, tanto a nivel de protección policial, coma a nivel económico e así poder axudarlles a rachar coa situación de violencia na que están inmersas.

Nese sentido, hai que lembrar que os menores teñen á súa disposición o teléfono da infancia (116111) e as vítimas de violencia de xénero, o teléfono 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias