El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

EN PONTECESO

Uxía Senlle, Villares, Touriñán e Marcos Pereiro, a Barrié e Concha Blanco reciben os Premios Bos e Xenerosos

14-05-2017 13:21:43

A artista Uxía Senlle, o académico e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; os humoristas Xosé Touriñán e Marcos Pereiro, a escritora Concha Blanco e a Fundación Barrié recibiron hoxe en Ponteceso os Premios Bos e Xenerosos 2017, cuxo recoñecemento, en palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, constitúe “un reforzo do valor en prol da construción cultural de Galicia”.

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, participou tamén neste acto de entrega de galardóns da Fundación Eduardo Pondal, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación no desenvolvemento da súa actividade. Os Premios Bos e Xenerosos véñense entregando desde o ano 2009, como un recoñecemento ao compromiso, á difusión e mais á defensa da cultura galega.

“Das valiosas achegas á nosa construción cultural dan boa mostra as mulleres, os homes e as entidades que nos últimos anos viron recoñecida a súa traxectoria e a súa actividade cuns premios de referencia coma os que hoxe lles entregamos ás protagonistas e aos protagonistas da presente edición”, dixo Anxo Lorenzo, ao tempo que afirmou que “desde a Consellería de Cultura e Educación sumamos o noso aplauso á súa tarefa a prol da lingua e da cultura galegas”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias