El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

FESTIVAL DE CANS

Galicia calidade participará no festival de Cans

26-05-2017 19:51:52

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, volve a colaborar co Festival de Cans, que se celebra do 26 ao 28 de maio nesta localidade do Porriño, e aproveitará a ocasión para difundir entre o público asistente mañá sábado a importancia de contar con produtos certificados na gastronomía.

Deste xeito, as 11.30 horas, na Leira de Alicia, o barista Óscar de Toro, fará unha degustación de café, elaborado con produtos certificados por Galicia Calidade, momentos antes da celebración do coloquio sobre cinema.

Galicia Calidade tamén colabora coa organización do festival, ao ofrecer a comida e a cea oficial que brindará aos seus convidados, elaborada polo chef Kike Piñeiro, propietario de A Horta do Obradoiro, en Compostela. Os menús estarán elaborados con produtos alimentarios das empresas que contan co selo de garantía de Galicia Calidade.

Entre as empresas certificadas por Galicia Calidade que van estar presentes na degustación atópanse Coren, Jealsa, Luís Escurís Batalla, Pazo de Vilane, Torre de Núñez, Queixería Cas Leiras, Lácteos Anzuxao, Quesos Feijoo, Conservas A Rosaleira, Gallego Pereira, Puerto de Celeiro, Ingapán, Hornos San Fiz, Patatas Conde, Jamones González, Mondariz e Feiraco, entre outras.


Evento singular

O Festival de Cans é un evento singular de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante e outras proxección cinematográficas, que se celebra o terceiro domingo do mes de maio, na parroquia homónima de Porriño. Durante a súa celebración, a aldea transfórmase, xa que as salas de proxección son as as adegas, galpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas, que os veciños poñen a disposición do festival.

A primeira edición celebrouse no ano 2004, como unha broma para remedar o festival que se celebra ese mesmo día na cidade francesa de Cannes, e desde entón foi gañando apoio popular ata converterse nun espazo no que se produce un terremoto cultural, fronte a sofisticación e o glamour que hai simultaneamente na Costa Azul.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias