El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Agasp acolle unha nova xornada de formación específica dirixida a xuíces

27-05-2017 12:11:54

A Estrada.- A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) acolleu esta semana unha nova xornada de formación específica dirixida a xuíces, a segunda no que vai de ano.

A actividade, que se organiza en colaboración co Consello Xeral do Poder Xudicial, centrouse na seguridade viaria e no estudo da imprudencia. O curso estivo dirixido polo fiscal delegado da seguridade viaria en Galicia, Carlos Gil.

Máis en concreto, os participantes afondaron en temas como a nova regulación da imprudencia tras as últimas modificacións normativas; a responsabilidade civil e regra concursal do artigo 382 do Código Penal; e as cuestións controvertidas en seguridade viaria.No curso participaron maxistrados procedentes dos xulgados de Mondoñedo, Sarria, Ourense, Porriño, Vilalba, Pobra de Trives, Pontevedra e Ferrol.

Esta actividade súmase así a primeira xornada de formación para xuíces, que tivo lugar en marzo, e que abordou a resposta penal ante o acoso. Ademais, están programadas dúas actividades máis: aspectos prácticos da execución penal e traballo dos xuíces de paz.

Deste xeito dáse continuidade a esta formación, que comezou o ano pasado, ao tempo que se segue traballando para asinar un convenio co Centro de estudos xudiciais do Ministerio de Xustiza co obxectivo de formar a fiscais e letrados da Administración de xustiza, médicos, forenses e avogados do Estado. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias