El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Turismo de Galicia forma en gastronomía galega a alumnos da escola de San Juan de Puerto Rico

27-05-2017 15:37:20
Alumnos da Escola de San Juan de Puerto Rico.

Un grupo de preto de 20 alumnos de Escola de San Juan de Puerto Rico están a coñecer estes días as claves da gastronomía galega durante a celebración dun seminario formativo celebrado no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).

Durante estas xornadas formativas, o grupo boricua aprendeu cos profesores do centro a elaborar tapas, menús tradicionais e gastronómicos incorporando ás receitas tradicionais e á nova cociña os produtos galegos de calidade diferenciada.

Recibiron, ademais, ensinanzas sobre os viños e as denominacións de orixe galegas, nun curso de iniciación á cata na que tamén tiveron a oportunidade de coñecer os augardentes e licores tradicionais de Galicia. Tamén asistiron a unha clase maxistral de boas prácticas na atención ao cliente.

Tratábase dun seminario no que se combinaron as clases teóricas con clases prácticas, e onde tamén recibiron formación sobre o funcionamento dos mercados para mercar a materia prima, ver diferentes tipos de producións locais e formas e métodos de elaboración.

Profesionais en máis de 50 países de todo o mundoEsta é a segunda ocasión na que a Escuela de San Juan de Puerto Rico visita o CSHG, centro líder en formación hoteleira e xestión en cociña con máis de 20 anos de experiencia e 2.600 profesionais traballando en máis de 50 países en todo o mundo.

Desde os seus comezos, o CSHG adicouse, ademáis, a formar ao sector galego e a impartir formación a medida para profesionais de todo o mundo, como é o caso desta escola portorriqueña e de profesionais procedentes de países como Arxentina, Brasil, Vietnam, Tailandia, Filipinas, Sri Lanka e Cambodia, entre outros.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias