El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

Axudas para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social

29-05-2017 18:55:50

A Xunta convoca as axudas do Plan Rehaluga para a rehabilitación de vivendas que se destinen a alugueiro social. Os propietarios de inmobles incluídos no Programa de Vivendas Baleiras creado pola Xunta poderán beneficiarse de axudas para a realización de obras de conservación, mantemento e rehabilitación das mesmas.

O importe máximo das axudas a fondo perdido que ofrece o Goberno galego serán de 4000 cando sexan edificios de vivendas e de ata 5500 ao tratarse de vivendas unifamiliares, tal como establece a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) e que regula as bases polas que se rexen estas axudas e a convocatoria para 2017. O obxectivo po Plan Rehaluga é axudar aos propietarios de inmobles desocupados para dotalos das condicións de habitabilidade necesarias para destinalos a alugueiro social. Para obter máis información pódese consultar neste enlace.

Coa posta en marcha do plan Rehaluga poderán beneficiarse destas axudas as persoas, físicas ou xurídicas, que sexan propietarias ou usufrutuarias das vivendas e que promovan as actuacións subvencionables.

As actuacións deberán realizarse despois da data de solicitude de inscrición no mesmo e antes de solicitar a subvención, sendo necesario un informe municipal que acredite a necesidade das obras para as que se pide a subvención.

Serán subvencionables actuacións de conservación e mantemento; e obras de rehabilitación necesarias para garantir a habitabilidade da vivenda, así como para o correcto funcionamento das súas instalacións ou a súa adaptación á normativa vixente.

Como exemplo de actuacións subvencionables están accións como o arranxo de baños, o pintado de paredes, o cambio de portas, a reforma da carpintería, a mellora de instalacións ou a renovación de ventás. Ao tratarse dunhas axudas vinculadas ao Programa de vivendas baleiras, poderá solicitarse naqueles concellos que xa están adheridos ao mesmo e sempre que existan demandantes de vivenda inscritos no rexistro municipal ao abeiro deste programa.

En 2017, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará 300.000 euros a estas axudas, dos que 200.000 estarán destinados a vivendas propiedade de particulares, 50.000 euros as de propiedade de concellos e os outros 50.000 euros a vivendas propiedade de empresas. O importe da convocatoria poderá ampliarse no caso de ser necesario.

Como se indica na orde, poderán optar a estas axudas os propietarios de inmobles desocupados situados en algún dos 44 concellos adheridos ao Programa de vivendas baleiras.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias