El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu o IV Foro de Distribución Hoteleira

31-05-2017 22:31:27
IV Foro de distribución hoteleira.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acolleu hoxe o IV Foro de distribución hoteleira, unha xornada divulgativa incluída na Xira Hotelaria, un conxunto de eventos deseñados especialmente para o sector hoteleiro que está a percorrer distintas cidades de España.Cun claro espírito divulgativo, na xornada celebrada en Santiago participaron como relatores representantes de empresas hostaleiras e turísticas como Legal Travel, Oca Hotels, HotelsDor ou CN Travel.Entre os contidos do foro, os protagonistas foron a intermediación e a paridade e estivo estruturado arredor dun panel de expertos que ofreceron respostas a distintas preguntas.

Máis competitivos

Entre outros asuntos, os participantes puideron coñecer as claves para ser máis competitivos, a posibilidade de paridade de prezos tal e como se entende actualmente a intermediación ou a lei sobre as cláusulas de paridade.

O principal obxectivo deste foro organizado no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) foi o de ofrecer solucións aos problemas reais cos que se atopan os hoteleiros e dar distintos puntos de vista para enriquecer as conclusións e axudar aos participantes a ser máis competitivos nos seus negocios.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias