Miño.- O municipio de Miño
acollerá este sábado, a partir das 17:00 horas na explanada do
porto, a primeira edición do festival Colorea, que está organizado por un grupo
de rapaces do municipio e conta ca colaboración do Concello. A entrada será
gratuita.
Esta iniciativa recrea as festasholi, que é unha celebración de orixe hindú que festexa a chegada da primavera. Colorea é unha festa para todo tipo de público e estará
dividida en dúas fases.
Minicolorea é un espazo destinado para os máis novos, e
onde haberá hinchables, animación a cargo do Parchís centro de ocio infantil e
tamén un escenario con música para eles. Esta parte da celebración será das
17:00 as 20:00 horas.
O Colorea será dende as 20,00 horas ata pasada a medianoite
e incluirá a presenza de sete DJ,s, entre os que destacan Groove Amigos e
Martín Romero.
Hai que destacar que, no transcurso do Colorea, levaráse a
cabo unha conta atrás cunha frecuencia dunha hora e na que se lanzarán ó aire os
polvos de colores tan característicos da celebración hindú. No interior do recinto haberá tendas nas que se poderán mercar
os polvos para tomar parte na celebración, e tamén bebidas e comida.
Os organizadores do acontecemento esperan e desexan que
todos aqueles que participen disfruten dunha velada chea de color e alegría. Departamento de comunicación