El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Destina máis de 335.000€ a conservatorios e escolas de música e danza dos concellos

01-06-2017 20:03:43

A área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 335.200€ ao programa de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios e escolas de música e danza municipais.

A liña de subvencións para centros de formación municipais no ámbito da música e danza da Deputación da Coruña apoiará o funcionamento de 30 centros correspondentes a 28 concellos segundo a concesión provisional que se fai este xoves pública no Boletín Oficial da Provincia.

“Desde a Deputación queremos apoiar os centros de música e danza dos concellos que é fundamental para promover un maior acceso á formación cultural de toda a poboación”, destaca Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña. “Os centros municipais non só contribúen a crear novos e novas artistas senón que, ao noso ver, teñen tamén un papel fundamental no acceso á cultura xa que son centros dinamizadores non só para o alumnado senón para todo o entorno ao seren focos de creación e difusión”, engade Goretti Sanmartín que, ao tempo, recoñece que a liña de subvencións “responde á filosofía da Deputación que quere apoiar a creación cultural máis alá das cidades, é dicir, que as persoas que viven en concellos medianos e pequenos teñan posibilidade de ter os mesmos servizos que os núcleos máis grandes de poboación”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias