El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Eva Ferreira e Carolina Alba reciben o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

06-06-2017 20:37:03
X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Eva Ferreira e Carolina Alba Castro recibiron hoxe o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico de mans do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Tania Lombao, xefa de programación da Radio Galega, no marco do programa Diario Cultural da emisora pública. As dúas autoras foron as gañadoras do premio do xurado e do premio da audiencia polas obras O quinto inverno e Un bo final, respectivamente.

Os traballos acaban de ver a luz nun libro-disco dispoñible na Libraría Institucional da Xunta de Galicia (www.libraria.xunta.gal) que inclúe tamén os outros dous traballos finalistas da décima edición do premio, Punto de vista, de Avelina Pérez, e Veos, de Ana Mª Carreira, e mais os audios coas adaptacións radiofónicas dos textos, que foron dirixidas pola actriz Marta Pazos. O garlardón, promovido pola Radio Galega, a través do programa Diario Cultural, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e O.U., está dotado con 3.000 euros para o premio da audiencia e con outros 3.000 para o do xurado, xunto coa publicación das obras dentro da colección do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias