El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

VIOLENCIA DE XÉNERO

165 concellos e mancomunidades, adheridas á Rede Galega contra a Violencia de Xénero

11-06-2017 12:11:56

Un total de 165 concellos e mancomunidades están adheridos á Rede Galega contra a violencia de xénero, posta en marcha de maneira conxunta entre Xunta e a Fegamp no ano 2012.

A ‘Rede de entidades locais contra a violencia de xénero’ configúrase como un instrumento que permite conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

A Rede ten coma obxetivos promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e detección precoz de situacións de risco, mobilizar e implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, fomentando unha actitude critica, solidaria e comprometida fronte a situacións de maltrato, fomentar o trato igualitario entre mulleres e homes e conseguir a tolerancia cero coas persoas agresoras.

Para o Goberno galego as entidades locais son os axentes idóneos para desenvolver iniciativas tendentes a garantir a igualdade entre mulleres e homes, previr a violencia de xénero e favorecer as condicións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral, ao tratarse das administración máis próximas á cidadanía e máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas.

Cabe resaltar que os concellos que estean adheridos á Rede terá máis puntuación nas axudas da Secretaría Xeral da Igualdade, tanto nas axudas para o mantemento dos Centros de Información á Muller, como nas axudas aos programas de conciliación e corresponsabilidade, e o de violencia de xénero. Ademais de participar en numerosas actividades, como obradoiros, talleres, ou actividades lúdicas ou deportivas postas en marcha en marcha polo Goberno galego,e que non comportan custo económico algún para o concello e están enmarcadas nos obxectivos de prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias