El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

NO CURSO ACADÉMICO 2016-17

A Xunta concede 170 axudas para continuación de estudos universitarios

12-06-2017 11:08:40

A Consellería concederá un total de 170 axudas para financiar os gastos derivados da matrícula no presente ano académico dos alumnos e alumnas de segundo e posteriores cursos universitarios, cun orzamento executado que supera os 106.986,6 euros. A proposta de concesión pode consultarse no enlace.

Estas bolsas van dirixidas ao alumnado de segundo e posteriores cursos pertencente á rama de coñecemento de Ensinanzas Técnicas (enxeñaría ou arquitectura), que ten superado un número de créditos igual ou superior ao 60% e menos do 65% e o pertencente ás ramas de Artes e Humanidades ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, que ten superado un número de créditos igual ou superior ao 80% e menos do 90%, que quedou fora das bolsas de carácter xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ao cambiaren os requisitos académicos no curso 2012/13. Deste xeito o departamento educativo da Xunta reforza o seu apoio aos universitarios galegos e garante a igualdade de oportunidades no acceso aos estudos superiores.

A dotación máxima asinada a cada beneficiario oscila entre un máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Enxeñaría e arquitectura e grao en Belas Artes, e un máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Desde que se puxeron en marcha, no curso 2011/12, e contando con estas que agora se outorgan, a Consellería concedeu 837 destas bolsas nos últimos cursos académicos. Cómpre salientar que desde o departamento de Educación atendeuse o cen por cen das solicitudes que cumprían cos requisitos establecidos nestas ordes anuais. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias