Lugo
volve abrir as portas da súa Muralla para recordar a súa fundación e o seu
esplendoroso pasado romano co Arde Lvcvs.
Farao o 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, cunha programación de máis de 300
actividades variadas dirixidas a todos os públicos, entre as organizadas polo
Concello e as asociacións, das que máis de 40 son novidosas.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e
Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Presidente da Deputación, Darío Campos
Conde, presentaron hoxe, na Praza de Pío XII, o programa do Arde Lvcvs 2017, que estrea o distintivo
de Festa de Interese Turístico Nacional.
Tal e
como explicou a rexedora, o Arde Lvcvs
arrincará o venres 30, ás 16:00 horas, coa apertura simbólica das portas da
cidade, a cargo da Guardia Pretoriana, e rematará o domingo, ás 23:30 horas, na
Praza de Santa María, co espectáculo sorpresa Habeatis Bona Devm.
Nesta XVI edición dos festexos "amósase o potencial do deporte romano, entendido
como espírito de superación e loita", unha aposta polo deporte que tamén
comparte o Goberno de Lugo. Algunha das actividades deportivas será a andaina
polo adarve da Muralla, o venres 30, ás 22:15 horas dende a Praza de Pío XII,
onde concurren os tres Bens Mundiais cos que conta Lugo. Constará dunha volta e
o camiño irá iluminado por fachos encendidos que portará membros das
asociacións. O límite é de 200 persoas, polo que é preciso inscribirse. Así
mesmo, o venres ás 23:00 horas, celebrarase na explanada do Pavillón Municipal
un torneo de Harpastvm, un deporte
entre o fútbol e rugby. O espectáculo é gratuíto pero deberase retirarse
invitación en www.entradaslugo.es.
Traballo inmellorable
Lara
Méndez, quen subliñou o retormo económico destes festexos, máis de 12 millóns
de euros a pasada edición, fixo fincapé no traballo inmellorable das
asociacións. Este ano participan 44,
fronte ás 38 da pasada edición. En total son 18 de Lugo: Guardia Pretoriana, Cohors III Lucensium, Cohors
X Urbanae, Lucus Equites, Caetra Lucensium, Salesiani Luci Augusti, Vestais de
Lucus Augusti, Senatus Lucus Augusti, Asamblearias, Ara Roma, Pax Romana,
Civitas Lucenisis, Lugdunum e Son de LLugh, Tin Na N´og, Castronela, Clan de
Breogán, Trebas Galaicas e Mercenarios Galaicos. Tamén participan do
resto de Galicia, como de Xinzo de Limia, do resto de España -Cartagena, León,
Ponferrada, Mérida, Navarra, Cantabria, Tarragona ou Baleares, entre outras-, e
doutros países europeos como Italia, Portugal e Rumanía. A alcaldesa tamén
agradeceu a forte implicación da sociedade luguesa, dos colexios do municipio e
das entidades e empresas colaboradoras. "Grazas ao seu traballo exemplar
Lugo volve ás súas orixes do mellor xeito posible", asegurou Méndez, quen felicitou
á Cohors III Lucensium polo seu
décimo aniversario, no que rinde homenaxe á muller romana coa súa moeda.
"Conseguímolo entre
todos"
Para
Lara Méndez, e así o quixo deixar claro no acto de presentación, a declaración
do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Nacional é "un fito que
conseguimos entre todos. Xuntos logramos que a nosa festa de recreación
histórica fose declarada, en tan só 16 anos, de Interese Turístico Galego e
Nacional". Neste punto, a rexedora agradeceu a todos e cada un dos membros
das asociacións o seu labor, que fixo posible ambos os dous recoñecementos.
Nesta
liña tamén insistiu Darío Campos, quen agradeceu a aposta da veciñanza luguesa,
asociacións e Concello polo Arde Lvcvs, "unha cita moi importante para
lugo polo retorno económico que supón. Como Deputación temos que estar alí onde
hai unha actividades que dinamice a economía", subliñou o mandatario
provincial.
A estas
felicitacións ás asociacións tamén se sumou Basadre, quen as definiu como
"protagonistas da maioría dos actos do Arde Lucus, facendo cada vez máis e
mellor recreación e recuperación da nosa historia, todas eles unha magnífica
carta de presentación alá onde van, e os mellores transmisores do que é Lugo, a
súa cultura e o seu patrimonio histórico". Tamén quixo agradecer o
traballo da área de xuventude, encargada de organizar estas festas.
Resumo da programación
Na
programación deste ano mantéñense actividades de gran éxito, como o Circo
Romano, que reúne a máis de 6.000 persoas cada edición e cuxas entradas se
porán á venda nos vindeiros días en www.entradaslugo.es por un prezo de 3
euros; a loita dos gladiadores Ars Dimicandi, ou diferentes actuaciós teatrais
na rúa de todas as compañías da cidade; así como vodas romanas ou castrexas,
das que se realizan unhas 300 cada ano.
Por
cuarto ano, desfile de tropas romanas e
das tribus castrexas pola Ronda da Muralla, o sábado ás 20:30 horas. Máis dun milleiro de persoas desfilando e 44
asociacións diferentes. Este ano como novidade no desfile, instalarase
un speaker na Mosqueira que presentará aos persoeiros e colectivos
participantes. A entidade local tamén convocou o 3º concurso de escaparatismo e
decoración de establecementos.
A representación da entrada das lexións romanas ao mando do
xeneral Caio Anistio “O Velllo” pola Ponte Romana, a partir das 20:00
horas do venres, cumpre 4 anos con novidades. Segundo entren pola Ponte Vella,
as tropas dirixiranse ás Termas do Balneario. "Queremos que todo aquelo
que sexa patrimonio romano histórico e cultural teña relevancia na festa",
asegurou Basadre, quen anunciou que se instalará un altar e se realizará unha
ofrenda ás ninfas no propio Balneario. A maiores, centos de actividades
encherán cada hora as rúas de animación e como nos últimos anos, haberá un
intérprete de signos para moitas delas.
A
Concelleira tamén quixo lembrar o desfile polas rúas da cidade dos colexios,
que se vén celebrando o domingo. Este ano comezará antes, ás 11:00 horas dende
San Marcos. O recorrido será máis longo e participarán 21 centros educativos do
municipio.
En
canto ás actividades máis novidodas, un espectáculo de lume purificador, o
cobro de impostos, unha Queima da Moemium
completamente distinta á dos últimos anos, ou unha obra pedagóxica para os
cativos de máis de 3 anos dentro do Miúdo
Arde. Ademais haberá unha moeda oficial castrexa, que se presentará esta
mesma semana.
O Concello destina preto de 260.000 euros a estas
festas, que constitúenun escaparate de Lugo. Ademais, a entidade local repartiu
17.800 carteis e 45.000 programas, 25.000 en galego e o resto encastelán.
Campamentos
Carmen Basadre
deulle a benvida a dúas novas asociacións: Ara Roma, que terá o seu campamento
na Praza Anxo Fernández Gómez, onde estaba a Castronela, que se traslada a Soto
Freire, e Cohors X Urbanae Lucus Augusti, que se instalará na Praza de Santo
Domingo. Así mesmo lembrou os emprazamentos dos campamentos das diferentes asociacións. A
Castra de Lvcvs Augvsti estará no Carril dos Fornos, o Senatvs Lvcvs Avgvsti na
Praza da Constitución, xuntocon Pax Romana. As Asamblearias Lvcvs Avgvsti nos
Xardíns do Museo Provincial e a Cohors III Lucensium na Praza Maior, onde
tamén estarán as Vestais. A Praza de San Marcos acollerá o campamento da Guardia
Pretoriana, a Praza Horta do Seminario, os Mercenarios Galaicos, o
Cantiño Nemesio Cobreros a Trebas Galacias e a Praza Anxo Fernández Gómez,
Castronela.
Descontos para revivir o pasado romano
Este ano volverá haber descontos para os
que se acheguen os díasprevios do Arde Lvcvs a Lugo nos autobuses Alsa,
ofrecendodendedousdías antes dos festexos, dende o 28 ata o día 4, un 25% de
desconto, e Arriva, os días 30 de xuño, 1 e 2 de xuñloun 10%; así a promoción
de Renfe na páxina web. Departamento de comunicación