El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Galicia é a segunda comunidade autónoma con menos lectores nos últimos tres anos

Só o 4 por cento le habitualmente en galego

14-03-2007

Galicia é a segunda comunidade autónoma con menor índice de lectura nos últimos tres anos, segundo o "Barómetro de Hábitos de Lectura y compra de libros" realizado por Precisa Research para a Federación de Gremios de Editores de España. No último ano, o índice de lectura na comunidade ten aumentado timidamente, xa que os lectores representaron en 2006 un 53 por cento da poboación, ao mesmo nivel que Castela e León, e por riba de Andalucía, Asturias, Castela-A Mancha e Estremadura. Do informe se desprende tamén que só o 4 por cento dos galegos le habitualmente na lingua autonómica. A cifra aumenta ata o 58 por cento se se suman os lectores ocasionais. En España, os lectores habituais en galego representan só o 0,3 por cento, ao mesmo nivel que o inglés e só por debaixo do catalán, que chega ao 3,2 por cento.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias