El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

O DOMINGO

Empeza a campaña extractiva da nécora e do lumbrigante en Galicia

01-07-2017 12:58:48

A partir de mañá, ábrese a extracción da nécora e do lumbrigante en toda Galicia que permanecerá autorizada ata o vindeiro 30 de decembro.
No caso da nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense nun plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. A vixencia deste plan é entre hoxe, 1 de xullo ata o 30 de xuño de 2019.

Nel establécese o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes enrolados e a bordo. Ademais especifica que o horario de lance de nasa nécora e camarón será nocturno con excepcións na ría de Arousa e de Vigo nas que o calamento tamén poderá ser diúrno. Unha vez cumprido o horario de traballo deberán ser levadas a porto diariamente. A veda da nécora para os anos 2018 e 2019 estableceranse nos correspondentes plans xerais de explotación marisqueira correspondentes a eses anos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias