El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

#DámeGalicia, a nova campaña promocional do turismo galego

04-07-2017 23:06:42

O turismo galego estrea estes días nova campaña promocional que, baixo o slogan #DámeGalicia, opta por un formato innovador en base ás experiencias en primeira persoa dos viaxeiros. Nela, transmítense sensacións centradas no potencial da Comunidade galega como destino vacacional tranquilo, natural, cultural e gastronómico.

A campaña arranca hoxe nos medios de comunicación, incluíndo televisións, radios, prensa xeneralista e especializada, suplementos e revistas chegando a alcanzar preto dun 90% de cobertura para os mercados nacionais e interno.

Así, durante este verán emitiranse spots publicitarios e publicaranse anuncios en medios de comunicacións nacionais e galegos, e incluirase tamén publicidade exterior en diversas cidades. #DámeGalicia tamén estará presente en buscadores e redes sociais, así como en sitios web de viaxes e turismo.

O Camiño de Santiago, as praias galegas, os balnearios, o potencial da costa e interior de Galicia ou as festas son algúns dos moitos recursos presentes na campaña, que pretende chegar ao mercado nacional e interno, grandes mercados emisores para Galicia. De feito, o mercado nacional rexistrou nos primeiros cinco meses do ano a cifra máis alta dos últimos sete anos e unha subida de máis do 5 % en viaxeiros.


En redes sociais

A campaña #DámeGalicia chegará tamén ao mercado internacional, especialmente a Europa e Norteamérica a través de promoción dixital, en medios online e web especializadas.

Con esta campaña, Turismo de Galicia afonda no seu compromiso por poñer en valor os recursos de Galicia e promover o destino nos mercados nacionais e internacionais co obxectivo de que o turismo en Galicia medre e o faga de maneira sustentable, ata alcanzar en 2020 os seis millóns de turistas. No que vai de ano, a Comunidade galega recibiu máis de 1,4 millóns de visitantes, unha cifra nunha antes acadada nos cinco primeiros meses do ano.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias