El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

ATA SETEMBRO

O "Verán cultural" de Ourense ofrece nove concertos no marco de "Cultura no Camiño"

11-07-2017 13:10:38

Ourense.- O programa da Xunta de Galicia Cultura no Camiño chega a Ourense coa actuación este xoves 13 do grupo Píscore Teatro, que ofrecerá ás 22,30 horas na praza de San Martiño o seu espectáculo para todos os públicos Concerto Singular (e plural). Será, ademais, a primeira das citas do Verán Culturalorganizado polo Concello, un ciclo que propón desde ese mesmo escenario ao aire libre na zona monumental ourensá diferentes concertos semanais a cargo de bandas e solistas galegos de todos os estilos.

A programación, que foi presentada hoxe na Casa do Concello de Ourense polo alcalde Jesús Vázquez Abad, pola concelleira de Cultura Belén Iglesias e polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, Jacobo Sutil, ofrece actividade cultural para as noites de cada xoves ao longo de todo o período estival, ao tempo que presenta a cidade como parada dentro da ruta xacobea do Camiño do Sueste-Vía da Prata.

Así, a carteleira para a praza de San Martiño continuará o 20 de xullo co concerto de Silvia de Penide, o 27 de xullo co de Xardín Desordenado; o 3 de agosto co de Lulavai, o 10 de agosto co que terá a Uxía e Sèrgio Tannus como protagonistas, o 17 de agosto co de Habitación Vudú, o 24 de agosto co de Chupadeskay e o 31 de agosto co de Pimentel Trío.

A programación de Cultura no Camiño en Ourense rematará o 7 de setembro co recital do grupo Áureas, aínda que o Verán Cultural proseguirá unha semana máis, ata o día 14, cun recital de boleros a cargo de Abelardo y los Farfanes.

A Agadic e Turismo de Galicia organizan Cultura no Camiño 2017 en colaboración con 98 municipios galegos que son etapas das diferentes rutas xacobeas e co patrocinio da empresa Gadis. O calendario completo desenvolverá ata o 30 de setembro nas catro provincias galegas un total de 317 actuacións musicais, de teatro, danza, novo circo, narración oral e maxia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias