El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Agadic convoca subvencións para a presenza do cinema galego en festivais de prestixio internacional

13-07-2017 13:41:30

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases das subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en festivais e mostras de prestixio nacional e internacional celebrados fóra de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2017.

A convocatoria ten como obxectivo apoiar as produtoras e creadores galegos na promoción internacional daqueles traballos que teñan sido seleccionados nalgunha das 38 mostras recollidas nas bases, que abranguen moi diferentes liñas de programación e xéneros cinematográficos. Nesta listaxe, que inclúe os 19 festivais clasificados pola Federación Internacional de Produtores Cinematográficos (FIAPF), figuran encontros tan recoñecidos como a Berlinale, Cannes, Karlovy Vary, Locarno, Biennale de Venecia, Mar del Plata, Toronto, Rotterdam, Bafici de Bos Aires, Sundance, Annecy, Clermont-Ferrand, San Sebastián, Cinema Jove de Valenecia, Sitges, Málaga, Sevilla ou a Seminci de Valladolid, entre outros.

O prazo de solicitude esténdese ata o 11 de agosto para a actividade levada a cabo naqueles eventos xa celebrados; e para os restantes, durante un mes desde que se produza a comunicación oficial por parte do festival, co 15 de novembro de 2017 como data límite.


Dotación de 30.000 euros

A Agadic reserva un orzamento inicial de 30.000 euros para estas axudas, ademais de establecer os importes fixos que poderá percibir cada solicitante segundo o festival e/ou sección no que sexa seleccionado, e que se sitúan entre 1.000 e 5.000 euros. Estas contías poderán destinarse, entre outros gastos, a campañas de publicidade da participación no encontro, elaboración e transporte do material de promoción específico, contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para o evento, desprazamento e estadía no festival dun máximo de 5 persoas do equipo, e tiraxe e/ou subtitulado das copias.

Mediante a última concesión desta liña de axudas, o pasado ano 2016 promoveuse a presenza de 11 filmes e produtoras galegas en 12 festivais de fóra de Galicia, polo que o noso audiovisual tivo presenza nos encontros celebrados en Bos Aires, Locarno, Marsella, Montreal, Nova York, Róterdam, Toulouse, Toronto, San Sebastián, Sevilla, Sitges e Xixón. As películas beneficiadas foron en concreto as longametraxes Angélica (una tragedia), María (y los demás), Migas de Pan, Mimosas, Sicixia e Verengo; e as curtas A liña política, Decorado, Einstein-Rosen, Montañas ardientes que vomitan fuego e Tout le monde aime le bord de la mer. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias