El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A Xunta premiará o talento da mocidade galega

14-07-2017 12:15:35

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dunha nova edición do certame Xuventude Crea que servirá para premiar o talento de arredor de medio cento de novos autores de 12 especialidades distintas na maior manifestación das posibilidades creativas da mocidade galega, e na que a Administración autonómica inviste 112.778 euros.

Na convocatoria deste ano poderán participar mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro de 3000 euros, o segundo de 1500 e o terceiro de 1000 euros.

Os participantes poderán amosar as súas habilidades no eido da cociña, teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda e deseño de xoias.

A presentación de solicitudes poderá facerse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e o prazo comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de agosto de 2017.

A través deste e doutros programas postos en marcha pola Consellería de Política Social, a administración autonómica adopta accións tendentes a que a xuventude teña facilidades de creación do seu propio posto de traballo.

Cómpre destacar que Xuventude Crea inscríbese no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, Horizonte 2020, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade e a participación xuvenil.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias