El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

Galicia representará en Bruxelas as comunidades españolas ante a UE en materia de pesca Escoitar

16-07-2017 12:50:37

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistirá mañá en Bruxelas ao Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea, onde representará as comunidades autónomas españolas en materia de pesca. Galicia ostenta este papel neste semestre despois de que a comunidade de Castela e León llo cedese permitíndolle unha vez máis ter voz en Europa. A comunidade galega empeza exercendo este papel nesta xuntanza de ministros de pesca da UE, na que se abordará a comunicación da Comisión Europea sobre as posibilidades de pesca para o 2018.
A maiores, o martes, a conselleira do Mar reunirase co titular de emprego da dirección xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión da UE, Stefan Olsson. Neste encontro, Rosa Quintana presentaralle a Stefan Olsson o informe que recolle o traballo realizado pola Administración galega para reforzar a defensa dos intereses da frota de baixura en relación ás obrigas sobre o botiquín de tipo “C” que deben levar a bordo dos buques. Este paso dáse tras a reunión celebrada entre ambos en decembro do ano pasado en Bruxelas e co obxectivo de achegar información complementaria á UE na materia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias