El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación ofrecerá aos concellos un servizo de recollida de aceite de orixe doméstica

19-07-2017 10:58:30

A comisión informativa de Medio Ambiente abordará na súa reunión de mañá xoves o convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para a prestación por parte da Deputación, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida de aceite de orixe doméstica.

En virtude deste presente convenio, os concellos que se adhiran delegarán na Deputación Provincial o exercicio das competencias de ordenación, xestión e prestación do servizo de recollida de aceite de orixe doméstico. As competencias deste convenio comprenderán a ordenación do servizo, incluíndo o establecemento ou modificación das súas condicións de prestación e a elaboración e aprobación, de ser o caso, da correspondente ordenanza reguladora, así como a xestión do servizo de forma directa coa colaboración de unha empresa especializada mediante un contrato de servizo.

Tamén contempla o convenio a instalación de colectores aptos para o depósito directo de botellas e envases de ata dous litros de aceite usado de orixe doméstica ou asimilado na vía pública, no lugar previamente concertado con cada concello. Tamén se establece a planificación do servizo, coa recollida e transporte do contido dos colectores así como a súa limpeza, conservación e mantemento integral e o seu destino para a elaboración de biocombustible homologado ou outros produtos mediante a entrega a un valorizador autorizado, e a realización de campañas de información e concienciación medioambiental entre a poboación.

Por outra banda, tamén mañá xoves, a comisión de Cultura abordará a fixación de prezos de publicacións que editará a Deputación de Ourense. Trátase dos libros: O farmacéutico de Cortegada Xosé Ojea (obra en coedición coa RAG), e Do meu nome e outras trapalladas (Premio “Pura e Dora Vázquez”), do que é autor Antonio Yáñez Casal. 

A comisión de Cultura tamén abordou a fixación de prezos das Escola Provincia de Danza para o curso 2017-2018, cuxa programación abrangue baile e canto tradicional, pandeireta, música para grupos de acompañamento de baile tradicional, obradoiro de xogos populares e taller de tecido tradicional.

Hoxe mércores, a comisión informativa Especial de Contas e de Facenda e Economía tratará o Informe da Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense, do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, do Consorcio Provincial do servizo contra incendios e salvamento e do Consorcio de Augas de Valdeorras, correspondente ó exercicio 2016, así como o Plan económico financeiro por incumprimento da regra de gasto na liquidación de 2016 deste último organismo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias