El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

O vindeiro curso nove escolas unitarias deixan de prestar servizo debido ao baixo número de alumnado

26-07-2017 12:55:57

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de rematar a revisión da matrícula dos centros escolares públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso 2017/18, un proceso habitual que se leva a cabo todos os anos antes do inicio de cada curso co fin de adecuar o número de unidades ao de alumnas e alumnos matriculados en cada centro educativo. Conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo nove escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros. A consellería mantén, un ano máis, o mesmo criterio para suprimilas, é dicir, que conten con cinco ou menos alumnos e alumnas. 

Así, na provincia da Coruña non reúnen os requirimentos para continuar abertas as EEI de Saltiño, en Boiro (sen alumnos/as); o CEIP de Revoltiña, na Laracha (con catro alumnos/as), a EEI de Rúa, en Padrón (con cinco alumnas/os), e a EEI de Seira, en Rois (con un alumno). En Ourense atinxe ao CEIP Víctor M. Vázquez Portomeñe, de Xunqueira de Espadanedo (sen alumnos). Por último, na provincia de Pontevedra, deixarán de funcionar a EEI Monte da Vila, no Grove (con catro alumnos/as), a EEI de Xil-Meaño, en Meaño (con cinco alumnos/as), a EEI de de Portosanto, en Poio (con catro alumnos/as) e a EEI de Tremoedo en Vilanova de Arousa (con catro alumnos/as). En calquera caso, todos os alumnos e alumnas destes centros teñen asegurada unha praza escolar noutro centro educativo próximo.

Tamén cada ano, atendendo aos datos oficiais de matrícula, lévase a cabo un proceso de reorganización de unidades dentro dos propios centros educativos que leva consigo, ben a creación de novas unidades, ben a supresión doutras e o reagrupamento en función do incremento ou diminución de alumnado. Así mesmo, habilitáronse unidades (sen creación) para o suposto de desdobramentos de aulas cando existe un incremento puntual ou circunstancial do número de alumnos ou alumnas; pero non hai perspectivas que garantan que esa situación se consolide nos vindeiros anos (ver gráfico). 

Os datos concretos poden consultarse na páxina web seguinte. Esta decisión da consellería responde á obriga de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos sostidos con fondos públicos, adecuándoos tanto ás necesidades educativas de cada zona como á realidade social.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias