A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, concluíu a valoración das ofertas presentadas a 27 dos novos contratos de transporte público de Galicia, o que permite coñecer xa as empresas ou unións temporais de empresas que prestarán os servizos das novas concesións.
A adxudicación doutros 11 contratos producirase previsiblemente no día de mañá, cando os técnicos da Administración autonómica conclúan a análise da documentación adicional que foi requirida ás empresas.
Ademais, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda abriu a vía dos contactos coas empresas para a adxudicación directa dos contratos denominados XG501-Baixa Limia, XG503-Terra de Celanova e XG-505 Ourense, ante a falta de ofertas válidas para concorrer a esas concesións. Ver a relación